Translate

domingo, 18 de febrero de 2018

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA


A formación profesional básica ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais.
Os ciclos formativos de FP básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Adicionalmente, segundo o Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, o alumnado que obteña un título de formación profesional básica poderá obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzou os obxectivos da educación secundaria obrigatoria e adquiriu as competencias correspondentes.

Perfís profesionais dos distintos ciclos formativos que se ofertan nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No perfil profesional de cada ciclo formativo poderá atopar información sobre a competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos así como o título que se obtén.

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:
  • Ser proposto/a polo equipo docente.
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario