Translate

viernes, 14 de junio de 2019

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE

Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/20.


Persoas beneficiarias: Alumnado que no curso académico 2019/20 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúnan os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria. 

Prazo de presentación de solicitudes 

1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).

b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de agosto de 2019 (este incluído).

2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario: 
Entre o 16 e o 20 de setembro de 2019, ambos incluídos.

Modelo de solicitude

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS

Para acceder a Ciclos Formativos establecese un sistema de prioridades na adxudicación de prazas e prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula, que podedes consultar aquí:

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
  1. Durante os períodos de solicitude establecidos, utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).