Translate

miércoles, 28 de noviembre de 2018

25N Actividades realizadas no centro



  • O alumnado de Filosofía e Educación en valores decorou a entrada do edificio en sinal de repulsa contra a violencia machista:



  • O alumnado de cada grupo decorou a porta da súa aula nas titorías con mensaxes contra a violencia de xénero:

















sábado, 24 de noviembre de 2018

25N: Obradoiro de Igualdade

25N: Día contra a violencia de xénero


Talentea en colaboración co Concello de Salceda de Caselas e o IES Pedras Rubias, está a realizar dous obradoiros co alumnado do instituto, cara á prevención da violencia machista:
  1. Igualdade a través da diversidade: 3 sesións para cada un dos grupos de 1º e 2º da ESO.
  2. Educación socio-afectiva: 2 sesións para cada un dos grupos de 3º e 4º da ESO.  


25N: Faino ti mesma. Faino con outras. Fagámolo xuntas.


25N Día contra a violencia de xénero

Faino ti mesma. Faino con outras. Fagámolo xuntas.
Este proxecto de autonomía e emproderamento para traballar as violencias de xénero foi desenvolto co alumnado de 4º de ESO do IES Pedras Rubias, en colaboración con Concello de Salceda de Caselas e a Asociacion 13-14.













martes, 6 de noviembre de 2018

25N, Día internacional contra a violencia de xénero.: Recursos para traballar na aula

domingo, 25 de marzo de 2018

SÍNDROME DE DOWN

Un grupo de 50 nais de nenos e nenas con síndrome de Down crean un vídeo para despertar a conciencia na xente sobre as persoas cun cromosoma de máis.

EPILEPSIA



En "Vivir con epilepsia" podemos obter información sobre que é a epilepsia e como actuar fronte a unha crise .
Coa a campaña "Conocer la epilepsia nos hace iguales" tratan de potenciar unha maior comprensión e integración social dos nenos e nenas que conviven coa epilepsia a fin de mellorar a súa calidade de vida ademais de eliminar os estigmas que rodean á enfermidade

jueves, 1 de marzo de 2018

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER: MATERIAIS E RECURSOS

MODALIDADES DE BACHARELATO: ACCESO Á UNIVERSIDADE E FP DE GRAO SUPERIOR







ACCESO Á UNIVERSIDADE


TÁBOA DE PONDERACIÓN de materias para o acceso as ensinanzas universitarias do SUG (Sistema Universitario Galego) para o courso 2018-2019

NOTAS DE CORTE do curso 2017-2018


ACCESO Á FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR


ADMISIÓN Á FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR


MODALIDADES PREFERENTES E MATERIAS VINCULADAS DO BACHARELATO para o acceso a cicloS formativos de grao superior


ADMISIÓN DE ALUMNADO


SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Do 1 ao 20 de marzo de 2018

 

As familias poden cubrir o formulario de admisión a través do menú:

Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión

Manual para familias para crear a solicitude de admisión

 

Importante! Unha vez introducidos os datos e gardados nas diferentes pantallas débese confirmar solicitude: confirmar borrador e xerar informe. O informe é un pdf que se debe presentar no centro polo que se opta en primeiro lugar.

Se prefiren cubrilo a man poden descargalo nas seguintes ligazóns do portal educativo da Consellería de educación:

Galego

Castelán

 

Máis información aquí

domingo, 18 de febrero de 2018

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do  sistema educativo para o ano 2018.

CALENDARIO das probas:
Acceso a Grao Medio:
Inscrición:  12-23 marzo 2018
Realización da proba: 31 maio 2018

  Acceso a Grao Superior:
  Inscrición: 8-23 de febreiro  2018
  Realización da proba: 19 de abril de 2018
 

Solicitude de inscrición ás probas de acceso a Grao Medio a través de aplicación informática

 O sistema xera unha instancia que hai que imprimir e entregar no centro    no que se inscribe, acompañada da documentación que se indica na instancia.

  Probas  



FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA


A formación profesional básica ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais.
Os ciclos formativos de FP básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Adicionalmente, segundo o Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, o alumnado que obteña un título de formación profesional básica poderá obter o título de educación secundaria obrigatoria sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzou os obxectivos da educación secundaria obrigatoria e adquiriu as competencias correspondentes.

Perfís profesionais dos distintos ciclos formativos que se ofertan nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No perfil profesional de cada ciclo formativo poderá atopar información sobre a competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos así como o título que se obtén.

Requisitos que debe cumprir o alumnado  de forma simultánea:
  • Ser proposto/a polo equipo docente.
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso.