Translate

viernes, 24 de noviembre de 2017

25N: Entristéceme esta sociedade


 

25N PEDRAS RUBIAS EN NEGRO
 

Texto elaborado pola alumna Morgana Molina Piñeiro, de 4º de ESO:

Entristéceme esta sociedade, dóeme escoitar ou ler sobre unha nova morte por violencia de xénero, máis triste ponme pensar o tempo que tivo que sufrir esa muller. A ela quítanlle o dereito a ser libre, quítanlle a felicidade, quítanlle a vida. A que sufre día a día que a peguen, que a ridiculicen e sufre de maltrato psicolóxico.  Ler máis

25N: A muller no deporte

Traballo elaborado por Anabel Besada Queiruga, de 4º de ESO, en reivindicación do papel da muller no deporte, o pouco recoñecemento que ten nos medios de comunicación e na sociedade en xeral, e o maltrato que sufren cando se dedican a deportes maioritariamente masculinos, como é o caso do fútbol, mesmo cando arbitran un partido.


25N: A MARGARIDA DIXO NON

NON Á VIOLENCIA MACHISTA

Conscientes da importancia da prevención da violencia de xénero nos centros educativos, realizamos esta actividade nas titorías. Esperamos así aportar o noso grao de area na loita contra a violencia machista presente na sociedade na que vivimos.
Despois de reflexionar conxuntamente e a partir de materiais e recursos orientativos, cada grupo xunto co seu profesorado titor, fixo unha margarida na que cada pétalo representaba o SI e o NON do que debe ser unha relación.
Aprenderon a identificar signos de control e poder nas relacións VIOLENTAS,  fronte aos signos dunha relación equitativa, xusta e de respecto: NON VIOLENTA



25N PEDRAS RUBIAS EN NEGRO. Manifesto do alumnado contra a violencia de xénero



Hoxe, 24 de novembro de 2017, en conmemoración do 25N, día internacional contra a violencia de xénero, dúas alumnas de 4º de ESO leron un manifesto en representación de todo o alumnado.
A lectura tivo lugar primeiramente nun acto celebrado no pavillón deportivo do IES Pedras Rubias, coa presenza de alumnado, profesorado e persoal non docente. Posteriormente un grupo de estudantes do IES achegáronse á praza do Concello de Salceda para ler de novo este manifesto en presenza da veciñanza, autoridades locais e alumnado e profesorado do CEP Altamira.
Así, sumámonos á campaña SALCEDA EN NEGRO, na que participa o noso concello:

25N PEDRAS RUBIAS EN NEGRO


MANIFESTO DO ALUMNADO DO IES PEDRAS RUBIAS 
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 





miércoles, 15 de noviembre de 2017

VÍDEOS E CURTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

EL ORDEN DE LAS COSAS: Curtametraxe contra a violencia de xénero dos irmáns Alenda, protagonizado por Manuela Vellés, Mariano Venancio, Javier Gutiérrez e Biel Durán

PEPA Y PEPE. La escalera cíclica de la violencia de género en la adolescencia. A socióloga Carmen Ruíz Repullo utiliza o conto de Pepa e Pepe para mostrar de que maneira as e os adolescentes acceden ao peligroso círculo da violencia de xénero.