Translate

miércoles, 14 de diciembre de 2022

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

 

1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de graomedio, nunhas condicións su,icientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

 
2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitirás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formaciónprofesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

jueves, 17 de marzo de 2022

SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO


NOTAS DE CORTE CURSO 2021-22 Cualificación do último estudante matriculado nas universidades galegas:

BACHARELATO


PRAZOS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23

O alumnado de 4º de ESO do IES Pedras Rubias que continue estudos de Bacharelato no mesmo centro non precisa facer admisión.

Presentación de solicitud de admisión (para cambio de centro): 1-20 de marzo 2022.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.


MODALIDADES DE BACHARELATO:

  • ARTES:
        a) Música e Artes Escénicas
        b) Artes Plásticas, Imaxe e Deseño
  • CIENCIAS E TECNOLOXÍA
  • HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
  • XERAL