Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/20.
Persoas beneficiarias: Alumnado que no curso académico 2019/20 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúnan os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:
a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).
b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de agosto de 2019 (este incluído).
2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario:
Entre o 16 e o 20 de setembro de 2019, ambos incluídos.
Modelo de solicitude
Translate
viernes, 14 de junio de 2019
ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS
Para acceder a Ciclos Formativos establecese un sistema de
prioridades na adxudicación de prazas e prazos de presentación de solicitudes e de formalización da
matrícula, que podedes consultar aquí:
- Normativa reguladora do proceso de admisión
- Instrucións xerais do proceso de admisión
- Calendario de admisión
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
- Durante os períodos de solicitude establecidos, utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
- No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
- Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
- No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).
lunes, 3 de junio de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)