Translate

domingo, 24 de septiembre de 2017

ABAU: Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade-2017

ABAU

A proba só a terá que realizar o alumnado que queira cursar estudos universitarios.

Materias

O alumnado examinarase de cinco materias obrigatorias:
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Española e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Historia de España
E dependo do itinerario das seguintes materias:
  • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais:
    • Itinerario de Humanidades:  Latín
    • Itinerario de Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
  • Modalidadede Ciencias: Matemáticas
  • Modalidade de Artes: Fundamentos da Arte
O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse voluntariamente dun máximo de catro materias, a elixir entre as de opción do bloque de troncais de segundo curso e as xerais troncais específicas de modalidades distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba.  Ademais, para a mellora da nota de admisión tamén se terá en consideración a cualificación obtida na fase obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (Matemáticas, Latín, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais e Fundamentos da Arte), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.

Duración e características das probas

Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas abertas e semiabertas, Tamén se poderán utilizar preguntas de opción múltiple, sempre e cando a puntuación asignada ao total das abertas e semiabertas alcance como mínimo o 50%.
A duración de cada un dos exames será de 90 minutos.
A avaliación de bacharelato no seu conxunto desenvolverase ao longo de tres días.

Cualificación

A cualificación da ABAU será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das probas realizadas das materiais xerais do bloque de troncais e da materia de Lingua Galega e Literatura, expresada de 0 a 10 con tres cifras decimais. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a 4 puntos.
A cualificación final para o acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa.
Reuniranse os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a 5 puntos.
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) fará públicos os parámetros de ponderación das materias.
No curso 2016/17 realizaranse dúas convocatorias, unha ordinaria e outra extraordinaria. O alumnado que participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse para a mellora das cualificacións na extraordinaria, na que se terá en conta a nota obtida na última sempre e cando sexa superior.
Para máis información consultar a Resolución do 21 de febreiro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario