Neste buscador poderás utilizar diferente criterios como a palabra clave, o nivel de estudos ou os teus intereses para identificar aquelas saídas profesionais que mellor se adecuan ao teu perfil, de entre un Catálogo de 984 ocupacións. Para cada ocupación, además, poderás acceder ás ofertas de traballo de Infojobs, Infoempleo, Infofeina e Manpower actualizadas a tempo real.
Translate
domingo, 24 de septiembre de 2017
TEST DE INTERESES PROFESIONAIS
Aquí podes cubrir online un test de interes profesionais coas ocupacións máis afíns as túas motivacións, tanto para escoller estudos como para elixir emprego, coñecendo as novas oportunidades do mercado laboral.
Vía Barcelona Activa
Vía Barcelona Activa
PROGRAMA DE BECAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA
Formulario dispoñible a partir do 2 de outubro de 2017
O programa de "Becas de la Fundación Amancio Ortega" ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe da lingua inglesa e o desenvolvemento persoal de xoves, a partir dunha inmersión total nun novo entorno, convivindo cunha familia de acollida, durante o ano escolar no país de destino.
O Programa convoca cada curso escolar, a comezos de curso 500 bolsas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO, 80 desas bolsas son para estudantes de centros de Galicia para estudar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.
Os alumnos seleccionados cursarán Grado 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato). A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos.
REQUISITOS:
- Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
- Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO.
- No ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO).
- Enviar en prazo o formulario on line con toda a documentación requirida.
Máis información sobre o proceso de participación en info@becas.faortega.org
VÍDEOS: SECTORES E SAÍDAS PROFESIONAIS
En WORK INSIDE: vídeos sobre as distintas profesións clasificadas por sectores. Ademais inclúe información sobre saídas profesionais, graos e másters universitarios relacionados.
MATERIAIS PARA TRABALLAR A IGUALDADE NAS AULAS
- Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano. Concellería de Igualdade de Vigo. Autoras: Mª Luisa Abad, Esther Mato e Mercedes Oliveira.
- Dez recursos para traballar a igualdade de xénero na aula. De Aula Planeta.
- Educando en Igualdade: materiais para traballar na aula.
- 10 recursos para traballar o Día Internacional da muller na aula (Francisco Muñoz).
ABAU: Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade-2017
ABAU
A proba só a terá que realizar o alumnado que queira cursar estudos universitarios.
Materias
Materias
O alumnado examinarase de cinco materias obrigatorias:
Duración e características das probas
Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas abertas e semiabertas, Tamén se poderán utilizar preguntas de opción múltiple, sempre e cando a puntuación asignada ao total das abertas e semiabertas alcance como mínimo o 50%.
A duración de cada un dos exames será de 90 minutos.
A avaliación de bacharelato no seu conxunto desenvolverase ao longo de tres días.
A cualificación final para o acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa.
Reuniranse os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a 5 puntos.
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) fará públicos os parámetros de ponderación das materias.
No curso 2016/17 realizaranse dúas convocatorias, unha ordinaria e outra extraordinaria. O alumnado que participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse para a mellora das cualificacións na extraordinaria, na que se terá en conta a nota obtida na última sempre e cando sexa superior.
Para máis información consultar a Resolución do 21 de febreiro de 2017
- Lingua Galega e Literatura
- Lingua Española e Literatura
- Primeira Lingua Estranxeira
- Historia de España
- Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais:
- Itinerario de Humanidades: Latín
- Itinerario de Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
- Modalidadede Ciencias: Matemáticas
- Modalidade de Artes: Fundamentos da Arte
Duración e características das probas
Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas abertas e semiabertas, Tamén se poderán utilizar preguntas de opción múltiple, sempre e cando a puntuación asignada ao total das abertas e semiabertas alcance como mínimo o 50%.A duración de cada un dos exames será de 90 minutos.
A avaliación de bacharelato no seu conxunto desenvolverase ao longo de tres días.
Cualificación
A cualificación da ABAU será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das probas realizadas das materiais xerais do bloque de troncais e da materia de Lingua Galega e Literatura, expresada de 0 a 10 con tres cifras decimais. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a 4 puntos.A cualificación final para o acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa.
Reuniranse os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a 5 puntos.
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) fará públicos os parámetros de ponderación das materias.
No curso 2016/17 realizaranse dúas convocatorias, unha ordinaria e outra extraordinaria. O alumnado que participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse para a mellora das cualificacións na extraordinaria, na que se terá en conta a nota obtida na última sempre e cando sexa superior.
Para máis información consultar a Resolución do 21 de febreiro de 2017
O profesor youtuber: UNICOOS
Se queres mellorar os teus coñecementos en Matemáticas, Física, Química ou Tecnoloxía podes consultar os vídeos de UNICOOS coas explicacións de David Calle, o "profesor youtuber", fundador deste canal educativo en Youtube que se clasificou entre os dez finalistas para gañar o Global Teacher Prize 2017, considerado o premio Nobel da docencia.
Actividades para traballar a dislexia
Onde consultar información e exercicios para traballar a dislexia:
- No blog PTYAL: Pedagogía Terapéutica y Audición y Lenguaje
- En ladislexia.net
Suscribirse a:
Entradas (Atom)