Translate

viernes, 1 de diciembre de 2017

ABP: con Xeografía e Historia no IES Virgen del Castillo


No IES Virgen e del Castillo de Lebrija (Sevilla), estudaron Xeografía e Historia coa metodoloxía ABP: Aprendizaxe basada en proxectos.
Os seis proxectos resultantes poden consultarse na páxina 4dhistoria, na que se pon de manifiesto a importancia de involucrar ao alumnado na súa propia aprendizaxe.


ABP: Aprendizaxe basada en proxectos

A aprendizaxe basada en proxectos e o desenvolvemento competencial do alumnado

https://www.slideshare.net/AnaBasterra/queremos-trabajar-por-proyectos-en-el-centro-pero-no-sabemos-por-dnde-empezar  
Ana Basterra, Asesora de Secundaria en el Ámbito Social y Lingüístico at Berritzegune de Leioa

https://www.slideshare.net/AnaBasterra/el-abp-y-el-desarrollo-competencial-del-alumnado
https://www.slideshare.net/AnaBasterra/en-el-abp-damos-un-paso-ms-81276987

viernes, 24 de noviembre de 2017

25N: Entristéceme esta sociedade


 

25N PEDRAS RUBIAS EN NEGRO
 

Texto elaborado pola alumna Morgana Molina Piñeiro, de 4º de ESO:

Entristéceme esta sociedade, dóeme escoitar ou ler sobre unha nova morte por violencia de xénero, máis triste ponme pensar o tempo que tivo que sufrir esa muller. A ela quítanlle o dereito a ser libre, quítanlle a felicidade, quítanlle a vida. A que sufre día a día que a peguen, que a ridiculicen e sufre de maltrato psicolóxico.  Ler máis

25N: A muller no deporte

Traballo elaborado por Anabel Besada Queiruga, de 4º de ESO, en reivindicación do papel da muller no deporte, o pouco recoñecemento que ten nos medios de comunicación e na sociedade en xeral, e o maltrato que sufren cando se dedican a deportes maioritariamente masculinos, como é o caso do fútbol, mesmo cando arbitran un partido.


25N: A MARGARIDA DIXO NON

NON Á VIOLENCIA MACHISTA

Conscientes da importancia da prevención da violencia de xénero nos centros educativos, realizamos esta actividade nas titorías. Esperamos así aportar o noso grao de area na loita contra a violencia machista presente na sociedade na que vivimos.
Despois de reflexionar conxuntamente e a partir de materiais e recursos orientativos, cada grupo xunto co seu profesorado titor, fixo unha margarida na que cada pétalo representaba o SI e o NON do que debe ser unha relación.
Aprenderon a identificar signos de control e poder nas relacións VIOLENTAS,  fronte aos signos dunha relación equitativa, xusta e de respecto: NON VIOLENTA



25N PEDRAS RUBIAS EN NEGRO. Manifesto do alumnado contra a violencia de xénero



Hoxe, 24 de novembro de 2017, en conmemoración do 25N, día internacional contra a violencia de xénero, dúas alumnas de 4º de ESO leron un manifesto en representación de todo o alumnado.
A lectura tivo lugar primeiramente nun acto celebrado no pavillón deportivo do IES Pedras Rubias, coa presenza de alumnado, profesorado e persoal non docente. Posteriormente un grupo de estudantes do IES achegáronse á praza do Concello de Salceda para ler de novo este manifesto en presenza da veciñanza, autoridades locais e alumnado e profesorado do CEP Altamira.
Así, sumámonos á campaña SALCEDA EN NEGRO, na que participa o noso concello:

25N PEDRAS RUBIAS EN NEGRO


MANIFESTO DO ALUMNADO DO IES PEDRAS RUBIAS 
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 





miércoles, 15 de noviembre de 2017

VÍDEOS E CURTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

EL ORDEN DE LAS COSAS: Curtametraxe contra a violencia de xénero dos irmáns Alenda, protagonizado por Manuela Vellés, Mariano Venancio, Javier Gutiérrez e Biel Durán

PEPA Y PEPE. La escalera cíclica de la violencia de género en la adolescencia. A socióloga Carmen Ruíz Repullo utiliza o conto de Pepa e Pepe para mostrar de que maneira as e os adolescentes acceden ao peligroso círculo da violencia de xénero.

miércoles, 25 de octubre de 2017

Aprendendo a amar

CLAVES POLA IGUALDADE DE XÉNERO

Claves hacia la igualdad de género:
  • El enemigo común es el machismo-sexismo
  • Los hombres ganamos con la igualdad
  • Referentes sociales que faciliten el cambio
  • Políticas de igualdad dirigidas a hombres
  • Por una vía igualitaria hacia los cuidados compartidos
 AHIGE: Asociación de Hombres por la Igualdad de Género

DECÁLOGO: Un home pola Igualdade

Un home pola Igualdade é aquel que...
Asociación de Homes pola Igualdade de Xénero: AHIGE

viernes, 6 de octubre de 2017

ESTUDOS E PROFESIÓNS: GR


O GR é un excelente cuestionario de orientación académica e profesional, elaborado por Educaweb co ánimo de axudarte no proceso de decisión do teu proxecto profesional.
Ten como finalidade profundizar no autocoñecemento, para que entendas mellor como ti es e facerte reflexionar sobre o que queres facer, para determinar que estudos ou ocupacións poden proporcionarche unha mellor satisfacción.

Vía Educaweb

ITINERARIOS EDUCATIVOS, OCUPACIÓNS E SECTORES

Ferramenta de orientación académica e profesional que ten como finalidade facilitar ao alumnado a toma de decisións relacionada coa súa formación, ofrecéndolle a posibilidade de recorrer unha gran variedade de opcións formativas unha vez finalizados os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional.
Tamén permite ao alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, achegarse aos sectores produtivos e grupos ocupacionais máis axustados aos seus intereses, competencias e capacidades.

 Vía Educastur

domingo, 24 de septiembre de 2017

BUSCADOR DE OCUPACIÓNS

Neste buscador poderás utilizar diferente criterios como a palabra clave, o nivel de estudos ou os teus intereses para identificar aquelas saídas profesionais que mellor se adecuan ao teu perfil, de entre un Catálogo de 984 ocupacións. Para cada ocupación, además, poderás acceder ás ofertas de traballo de Infojobs, Infoempleo, Infofeina e Manpower actualizadas a tempo real.

TEST DE INTERESES PROFESIONAIS

Aquí podes cubrir online un test de interes profesionais coas ocupacións máis afíns as túas motivacións, tanto para escoller estudos como para elixir emprego, coñecendo as novas oportunidades do mercado laboral.
Vía Barcelona Activa

BOLSAS, AXUDAS E PREMIOS DO MINISTERIO

PROGRAMA DE BECAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

Formulario dispoñible a partir do 2 de outubro de 2017


O programa de "Becas de la Fundación Amancio Ortega" ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe da lingua inglesa e o desenvolvemento persoal de xoves, a partir dunha inmersión total nun novo entorno, convivindo cunha familia de acollida, durante o ano escolar no país de destino.
O Programa convoca cada curso escolar, a comezos de curso 500 bolsas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO, 80 desas bolsas son para estudantes de centros de Galicia para estudar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.
Os alumnos seleccionados cursarán Grado 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato). A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos.

REQUISITOS:
  • Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
  • Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO.
  • No ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO).
  • Enviar en prazo o formulario on line con toda a documentación requirida.

Máis información sobre o proceso de participación en info@becas.faortega.org

VÍDEOS: SECTORES E SAÍDAS PROFESIONAIS

En WORK INSIDE:  vídeos sobre as distintas profesións clasificadas por sectores. Ademais inclúe información sobre saídas profesionais, graos e másters universitarios relacionados.

ENSINANZAS ESPECIAIS E DE ADULTOS

MATERIAIS PARA TRABALLAR A IGUALDADE NAS AULAS

MOTIVACIÓN

ABAU: Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade-2017

ABAU

A proba só a terá que realizar o alumnado que queira cursar estudos universitarios.

Materias

O alumnado examinarase de cinco materias obrigatorias:
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Española e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Historia de España
E dependo do itinerario das seguintes materias:
  • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais:
    • Itinerario de Humanidades:  Latín
    • Itinerario de Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
  • Modalidadede Ciencias: Matemáticas
  • Modalidade de Artes: Fundamentos da Arte
O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse voluntariamente dun máximo de catro materias, a elixir entre as de opción do bloque de troncais de segundo curso e as xerais troncais específicas de modalidades distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba.  Ademais, para a mellora da nota de admisión tamén se terá en consideración a cualificación obtida na fase obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (Matemáticas, Latín, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais e Fundamentos da Arte), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.

Duración e características das probas

Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas abertas e semiabertas, Tamén se poderán utilizar preguntas de opción múltiple, sempre e cando a puntuación asignada ao total das abertas e semiabertas alcance como mínimo o 50%.
A duración de cada un dos exames será de 90 minutos.
A avaliación de bacharelato no seu conxunto desenvolverase ao longo de tres días.

Cualificación

A cualificación da ABAU será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das probas realizadas das materiais xerais do bloque de troncais e da materia de Lingua Galega e Literatura, expresada de 0 a 10 con tres cifras decimais. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a 4 puntos.
A cualificación final para o acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa.
Reuniranse os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a 5 puntos.
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) fará públicos os parámetros de ponderación das materias.
No curso 2016/17 realizaranse dúas convocatorias, unha ordinaria e outra extraordinaria. O alumnado que participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse para a mellora das cualificacións na extraordinaria, na que se terá en conta a nota obtida na última sempre e cando sexa superior.
Para máis información consultar a Resolución do 21 de febreiro de 2017

O profesor youtuber: UNICOOS

Se queres mellorar os teus coñecementos en Matemáticas, Física, Química ou Tecnoloxía podes consultar os vídeos de UNICOOS coas explicacións de David Calle, o "profesor youtuber", fundador deste canal educativo en Youtube que se clasificou entre os dez finalistas para gañar o Global Teacher Prize 2017, considerado o premio Nobel da docencia.

Actividades para traballar a dislexia

Onde consultar información e exercicios para traballar a dislexia:

AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA ACCESO Á UNIVERSIDADE

RECURSOS PARA TRABALLAR O AUTISMO NA AULA